VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Being_Beige

⇱ Being Beige - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Being Beige
The Smashing Pumpkins 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Parte de
Características
Xénero artístico
Implicados
Produtor/a
Interpretado por
Selo discográfico
Datas
Data de publicación
20 de outubro de 2014 👁 Editar o valor en Wikidata
Historia
Precedido por
Sucedido por
Localización
País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0125pfw0 👁 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Being Beige" é o primeiro sinxelo do décimo álbum de The Smashing Pumpkins, Monuments to an Elegy. A canción foi lanzada a través de SoundCloud o 20 de outubro de 2014.[1][2]

Antecedentes e gravación

[editar | editar a fonte]

A canción mencionouse por primeira vez na páxina web dos Smashing Pumpkins co título provisional de "World's On Fire", e máis tarde co título de "Being Beige (World's On Fire)". Falando da canción con Rolling Stone, o líder da banda Billy Corgan dixo: "A xente sempre me pide que explique cancións, e sinceramente non podo. Pero se hai honestidade nesta letra, é que hai algo mal no noso cosmos. Con todo, debemos amar".[3]