Nyon é unha cidade e comuna de Suíza, pertencente ao cantón de Vaud, no distrito de Nyon. A cidade é coñecida internacionalmente como a sede central da UEFA.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada a uns 25 quilómetros ao norte de Xenebra a beiras do lago Léman. Limita ao norte con Trélex e Duillier, ao leste con Prangins, ao sur co lago e a comuna francesa de Messery (FR-74), ao suroeste con Crans-près-Céligny, e ao oeste con Eysins, Signy-Avenex e Grens.
Demografía
[editar | editar a fonte]O 38% da poboación son estranxeiros[1]. A maior parte da poboació fala francés (12 274 ou 75.8%), co alemán como segunda lingua máis común (918 ou 5.7%) e o inglés terceira (647 o 4%). Hai 565 que falan italiano e 9 romanche.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada polos romanos entre os anos 50 e 44 a.C. baixo o nome "dos equestris do lulia de Colonia", o centro urbano da cidade chamárono Noviodunum. Chegou a ser unha das colonias romanas máis importantes en Suíza, con foro, basílica e anfiteatro (descuberto recentemente, en 1996, ao realizar as escavacións para a construción dun edificio).
A cidade moderna ten preto de 20.000 habitantes e segue crecendo, está ben comunicada coas grandes cidades próximas (Xenebra e Lausana), tanto por autoestrada como por tren.
A comuna formou parte ata o 31 de decembro de 2007 do círculo de Nyon.
Galería
[editar | editar a fonte]- Castelo de Nyon
- A vila e o lago
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Nyon |
