Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Thun (pronuncia alemá: [tuːn]; en francés: Thoune [tun]) é unha cidade e comuna do distrito administrativo de Thun, no cantón de Berna, en Suíza. Sitúase no punto onde o río Aar sae do lago de Thun (Thunersee), a uns 30 quilómetros ao sueste de Berna.
Segundo datos de 2024, a comuna de Thun conta con arredor de 43.900 habitantes, mentres que na súa aglomeración urbana viven aproximadamente 82.000 persoas.
A lingua oficial de Thun é o alemán (na súa variedade estándar suíza); porén, a lingua máis falada é a variante local do dialecto suízo-alemán alemánico.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada á beira do lago de Thun. O centro histórico está erguido sobre unha illa do río Aar, que separa a cidade en dúas partes. A cidade limita ao norte coas comunas de Steffisburg, Schwendibach e Homberg, ao leste con Heiligenschwendi e Hilterfingen, ao sur con Spiez e Zwieselberg, e ao oeste con Amsoldingen, Thierachern e Uetendorf.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da cidade deriva do celta Dunum, que significa cidade fortificada. No 58 AC caeu baixo o dominio de Roma, converténdose nun dos principais centros administrativos da rexión. Arredor do ano 400 DC foi conquistada polos burgundios e no 1033 pasou a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
En 1384 foi mercada polo cantón de Berna. Foi capital do cantón de Oberland durante a República Helvética.
Cultura
[editar | editar a fonte]O castelo de Thun foi erguido no século XII polo Duque Bertold V de Zähringen. Existe outro castelo, o Schadau, construído no século XIX nun estilo neogótico e que acolle o Museo Gastronómico Suízo. A Casa do Concello é do século XVI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Thun 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
