VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Timo

⇱ Timo - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Timo
thymus 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Características
Localización anatómica
Desenvolvemento
Drenaxe linfática
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fl12 👁 Editar o valor en Wikidata
MeSHD013950 👁 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12433 👁 Editar o valor en Wikidata
TA 98A13.1.02.001
CIE-11198809973 👁 Editar o valor en Wikidata
UNII9CC998Z1E1 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
WikidataG:CommonsC:Commons

O timo é un órgano linfático que está localizado na porción anterosuperior da cavidade torácica.

Limita, superiormente coa traquea, a vea xugular interna e a arteria carótide común, lateralmente cos pulmóns e inferior e posteriormente co corazón. Ao longo da vida, o timo involuciona (diminúe de tamaño) e é substituído por tecido adiposo.

Funcións do timo

[editar | editar a fonte]

É un órgano linfoide que ten por función:

  • Permite a diferenciación de linfocito T a Th e Tc, con funcións moi distintas.
  • Expón os linfocitos aos antíxenos do organismo, para que os recoñezcan como propios.
  • Elimina os linfocitos que están madurando mal.

Seleción tímica

[editar | editar a fonte]

É unha seleción que elimina os lifocitos T anómalos e mantén os que están madurando de maneira correcta.

  • Supresión de linfocitos T: aqueles linfocitos T que non interactúen ou o fagan de maneira intensa cos antíxenos propios son eliminados polos macrófagos vía apoptose.
  • Permisividade de linfocitos T: os linfocitos que interactúan de xeito feble cos antíxenos propios sobreviven e continúan madurando.

Os linfocitos que saen do timo aínda non son funcionais e precisan dunha activación, que ocorre nos ganglios linfáticos.

O timo como víscera comestible

[editar | editar a fonte]

O timo tamén está presente nos mamíferos novos. O dalgunhas especies de gando de abasto son de uso gastronómico, baixo a denominación acastrapada de molexas.