VOOZH about

URL: https://gl.wiktionary.org/wiki/bote

⇱ bote - Wiktionary


Saltar ao contido
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

{

Galego

bote1

👁 Image
Substantivo masculino

bote
(sg: bote; pl: botes)

  1. Recipiente de pequeno tamaño, de metal, cartón, vidro ou outros materiais, normalmente cilíndrico e máis alto ca largo, ás veces hermético, que se utiliza para gardar ou conservar cousas.
  2. Caixa na que os dependentes de certos establecementos públicos xuntan as propinas para repartilas entre eles despois de rematar o traballo.
  3. En determinados xogos de azar, cantidade correspondente a premios non adxudicados e que se acumulan para repartir nun sorteo posterior.
  4. En fontanaría, peza na que desaugan varios tubos.

Termos relacionados

bote de fume, no bote

bote2

👁 Image
Substantivo masculino

bote
(sg: bote; pl: botes)

  1. Embarcación de pequeno tamaño que xeralmente se move a remos e, ás veces, a vela.

bote3

👁 Image
Substantivo masculino

bote
(sg: bote; pl: botes)

  1. Acción e efecto de botar un balón ou unha pelota.

bote4

👁 Image
Substantivo masculino

bote
(sg: bote; pl: botes)

  1. Termo que parte da expresión de bote en bote co significado de completamente cheo.