VOOZH about

URL: https://gl.wiktionary.org/wiki/ocultar

⇱ ocultar - Wiktionary


Saltar ao contido
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

👁 Image
Verbo pronominal

ocultarse

  1. Retirarse dun lugar no que é doado ser visto, e situarse nun lugar secreto.

👁 Image
Verbo transitivo

ocultar

  1. Impedir [algo ou alguén] que se vexa [algo ou alguén situado entre el e o punto de vista].
  2. Retirar [algo ou a alguén] dun lugar no que é doado de ver, e situalo nun lugar secreto.
  3. Procurar que [algo] non se coñeza.

Traducións

Conxugación

Verbo regular da 1ª conxugación    
Formas impersoais
Infinitivo ocultar
Xerundio ocultando
Participio ocultado, ocultada, ocultados, ocultadas

Formas persoais
singular plural
primeira segunda terceira primeira segunda terceira
Modo
Indicativo
Presente oculto ocultas oculta ocultamos ocultades ocultan
Copretérito ocultaba ocultabas ocultaba ocultabamos ocultabades ocultaban
Pretérito ocultei ocultaches ocultou ocultamos ocultastes ocultaron
Antepretérito ocultara ocultaras ocultara ocultaramos ocultarades ocultaran
Futuro ocultarei ocultarás ocultará ocultaremos ocultaredes ocultarán
Pospretérito ocultaría ocultarías ocultaría ocultariamos ocultariades ocultarían
Modo
Subxuntivo
Presente oculte ocultes oculte ocultemos ocultedes oculten
Pretérito ocultase ocultases ocultase ocultásemos ocultásedes ocultasen
Futuro ocultar ocultares ocultar ocultarmos ocultardes ocultaren
Modo
Imperativo
Afirmativo oculta oculte1 ocultemos ocultade oculten1
Negativo ocultes oculte1 ocultemos ocultedes oculten1
Infinitivo conxugado ocultar ocultares ocultar ocultarmos ocultardes ocultaren
1 Vostede(s)


Castelán

ocultar

  1. Ocultar.


Catalán

ocultar

  1. Ocultar.


Portugués

ocultar

  1. Ocultar.