VOOZH about

URL: https://gl.wiktionary.org/wiki/cubrir

⇱ cubrir - Wiktionary


Saltar ao contido
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

👁 Image
Verbo intransitivo

cubrir

  1. Satisfacer os gastos orixinados.
  2. Ter [un líquido] a capacidade para deixar completamente somerxido a alguén.

👁 Image
Verbo pronominal

cubrirse

  1. Quedar oculto por algo.
  2. Situar algo sobre o corpo ou parte del para impedir que se vexa.
  3. Situarse fóra do alcance dun ataque.
  4. Chegar a ter moito [de algo].

👁 Image
Verbo transitivo

cubrir

  1. Situar algo sobre [algo ou alguén] para impedir que se vexa.
  2. Impedir [algo ou alguén] que se vexa [algo ou alguén situado entre el e o punto de vista].
  3. Estenderse sobre toda ou parte da superficie de [algo ou alguén].
  4. Introducir información nos ocos de [un documento].
  5. Igualar os ingresos a [uns gastos].
  6. Constituír o apoio económico necesario para [algo].
  7. Unirse [un animal macho] con [unha femia] para fecundala.
  8. Protexer [a alguén] durante unha acción arriscada.
  9. Apoiar unha acción arriscada.
  10. Ocuparse [un medio de comunicación ou periodista] de informar sobre [algo].
  11. (Deportes) Controlar os movementos de [un xogador adversario].
  12. Facer [algo ou a alguén] obxecto de algo.
  13. Darlle a [alguén] moito [de algo].
  14. Deixar [un líquido] completamente somerxido [algo ou a alguén].
  15. Ocupar [alguén] un cargo ou posto de traballo.
  16. Desprazarse ao longo de [unha distancia].

Conxugación

Verbo semirregular da 3ª conxugación    
Formas impersoais
Infinitivo cubrir
Xerundio cubrindo
Participio cuberto, cuberta, cubertos, cubertas

Formas persoais
singular plural
primeira segunda terceira primeira segunda terceira
Modo
Indicativo
Presente cubro cobres cobre cubrimos cubrides cobren
Copretérito cubría cubrías cubría cubriamos cubriades cubrían
Pretérito cubrín cubriches cubriu cubrimos cubristes cubriron
Antepretérito cubrira cubriras cubrira cubriramos cubrirades cubriran
Futuro cubrirei cubrirás cubrirá cubriremos cubriredes cubrirán
Pospretérito cubriría cubrirías cubriría cubririamos cubririades cubrirían
Modo
Subxuntivo
Presente cubra cubras cubra cubramos cubrades cubran
Pretérito cubrise cubrises cubrise cubrísemos cubrísedes cubrisen
Futuro cubrir cubrires cubrir cubrirmos cubrirdes cubriren
Modo
Imperativo
Afirmativo cubre cubra1 cubride cubran1
Negativo cubras cubra1 cubrades cubran1
Infinitivo conxugado cubrir cubrires cubrir cubrirmos cubrirdes cubriren
1 Vostede(s)