VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Fernando_Trueba

⇱ Fernando Trueba - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Biografía
Fernando Trueba
👁 Image

(2017) 👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Rodriguez Trueba 👁 Editar o valor en Wikidata

18 de xaneiro de 1955 👁 Editar o valor en Wikidata
(71 anos)
Madrid 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Image
Presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España
1988– 1988
José María González-Sinde (pt) 👁 Traducir
Antonio Giménez-Rico 👁 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid 👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo España 👁 Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema,actor,realizador,produtor de cinema,guionista,animador 👁 Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 👁 Editar o valor en Wikidata
-
Familia
CónxuxeCristina Huete 👁 Editar o valor en Wikidata
FillosJonás Trueba 👁 Editar o valor en Wikidata
IrmánsDavid Trueba
Máximo Trueba 👁 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webfernandotrueba.com 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 IMDB: nm0874096
👁 Allocine: 17526
👁 Allmovie: p114619
👁 TCM: 194440

👁 BNE: XX1069830
👁 Discogs: 424773
👁 Editar o valor en Wikidata

Fernando Trueba, nado en Madrid o 18 de xaneiro de 1955, é un director de cine español. É irmán do guionista, director e produtor David Trueba.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Iniciado como crítico de cine e guionista, deuse a coñecer coa súa primeira película, chamada oportunamente Ópera prima (1980), á que seguirían outras entre as que cabe salientar Sé infiel y no mires con quién (1985) protagonizada por Ana Belén, Carmen Maura e Antonio Resines entre outros.

Dirixiu para televisión a serie La mujer de tu vida, e en 1992 chegaría o grande éxito da súa película Belle Époque, que foi galardoada con tres premios Goya: mellor película, mellor director e mellor actriz (Ariadna Gil). En 1993 foi galardoada esta mesma co premio á mellor película estranxeira dos oscars dos Estados Unidos.

Posteriormente rodaría películas coma Two Much (1995) con Antonio Banderas e Melanie Griffith, La niña de tus ojos (1998), con Penélope Cruz, ou El embrujo de Shanghai (2003), onde traballou unha vez máis dirixindo a Ariadna Gil, a muller do seu irmán David.

O seu último traballo como director ata o momento foi o documental El milagro de Candeal (2004), coa participación do músico brasileiro Carlinhos Brown e centrada precisamente no lugar onde naceu este. Ten anunciado un próximo proxecto baixo o título Haunted Heart e previsto para o ano 2009.

Ten unha produtora, Fernando Trueba Producciones Cinematográficas S.A., responsable de varias das súas películas, así como das do seu irmán (como Obra Maestra, 2000 ou Bienvenido a casa, 2006) e doutros proxectos como a serie televisiva de Telecinco Ellas son así, emitida no ano 1999.

É autor do libro Dicionario de cine (1997) e está casado coa produtora Cristina Huete.

No que atinxe ao cinema galego, xa en 1976, antes, pois, de filmar a súa Ópera prima (1980), foi axudante de dirección d'O cadaleito, curtametraxe de Enrique R. Baixeras con guión do dramaturgo Francisco Taxes.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoPelícula
2016 La reina de España
2012 El artista y la modelo
2010 Chico y Rita
2009 El baile de la Victoria
2004El milagro de Candeal
2002El embrujo de Shanghai
2000Calle 54
1998La niña de tus ojos
1994Two Much
1992Belle Époque
1989El sueño del mono loco
1986El año de las luces
1985Sé infiel y no mires con quién
1983Sal gorda
1980Opera prima

Premios Goya

[editar | editar a fonte]

Como mellor director:

Como mellor película de animación:

Premios Oscar

[editar | editar a fonte]

Oscar á mellor película estranxeira:

Medalla do CEC ao mellor director

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
José María Gónzalez Sinde
Presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España
1988 - 1988
Sucesor:
Antonio Giménez-Rico