VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Manganeso

⇱ Manganeso - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manganeso
👁 Image
-
👁 Image

25
Mn
Mn
Tc
CromoManganesoFerro
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Manganeso
Información xeral
Nome, símbolo, número Manganeso, Mn, 25
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 7, 4, d
Densidade 7470 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Prateado
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 54,938044(3)[1] u
Raio medio 140 pm
Raio atómico (calc) 161 pm
Raio covalente 139 pm
Raio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Ar]3d54s2
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación 7,6,4,2,3
Óxido ácido forte
Estrutura cristalina cúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido
Punto de fusión 1517K
Punto de ebulición 2235K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}}K
Entalpía de vaporización 226 kJ/mol
Entalpía de fusión 12,05 kJ/mol
Presión de vapor 121
Temperatura crítica K
Presión crítica Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 5150 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,55
Calor específica 480 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 0,695 × 106 S/m
Condutividade térmica 7,82 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 717,3 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1509 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3248 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 4940 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
52MnSint.5,591 dε4,71252Cr
53MnSint.3,74 × 106 aε0,59753Cr
54MnSint.312,3 dε
β-
1,377
0,697
54Cr
54Fe
55Mn100%estable con 30 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O manganeso é un elemento químico de número atómico 25 e símbolo Mn. Está situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos e pertence ó grupo dos metais de transición.

Características principais

[editar | editar a fonte]

O manganeso é un metal de transición branco agrisado, semellante ao ferro. É un metal duro e moi fráxil, refractario e facilmente oxidable. O manganeso metal pode ser ferromagnético, pero só despois de sufrir un tratamento especial.

Os seus estados de oxidación máis comúns son +2, +3, +4, +6 e +7, aínda que se atoparon dende +1 a +7; os compostos nos que o manganeso presenta estado de oxidación +7 son axentes oxidantes moi enérxicos. Dentro dos sistemas biolóxicos, o catión Mn+2 compite frecuentemente co Mg+2. Emprégase sobre todo aleado con ferro en aceiros e noutras aliaxes.

Chegouse a atopar dióxido de manganeso, MnO2, en pinturas rupestres (dando unha cor negra). Tamén se utilizaron ao longo da historia, por exemplo polos exipcios e os romanos, compostos de manganeso para decolorar o vidro ou ben darlle cor. Así mesmo, atopouse manganeso na minas de ferro utilizadas polos espartanos, e pénsase que talvez sexa debido a isto a especial dureza dos seus aceiros.

No século XVII, o químico alemán Glauber, produciu por primeira vez permanganato, un reactivo de laboratorio bastante empregado. A mediados do século XVIII, o dióxido de manganeso empregouse para a produción de cloro. O químico sueco Scheele foi o primeiro que descubriu que o manganeso era un elemento, pero foi Johan Gottlieb Gahn quen o illou por redución do dióxido con carbono.

A principios do século XIX comezouse a probar o manganeso en aliaxes de aceiro, e en 1816 comprobouse que endurecía ao aceiro sen facelo máis fráxil.

Papel biolóxico

[editar | editar a fonte]

O manganeso é un oligoelemento, sendo considerado un elemento químico esencial para tódalas formas de vida. Está comprobado que ten un papel tanto estrutural como encimático, atopándose presente en distintas encimas.

Abundancia e obtención

[editar | editar a fonte]

É o duodécimo elemento máis abundante na codia terrestre e atópase amplamente distribuído. Atópase en centos de minerais aínda que só ao redor dunha ducia deles teñen interese industrial. Entre estes minerais destacan a pirolusita (MnO2), a psilomelana (MnO2·H2O), a manganita (MnO(OH)), a braunita (3Mn2O3·MnSiO3) ou a rodonita (MnSiO3) entre outros. Tamén se ten atopado en nódulos mariños, onde o contido en manganeso oscila entre un 15 e un 30%.

Os países cos maiores xacementos de minerais de manganeso son Suráfrica, Ucraína, Bolivia e a China. O metal obtense por redución dos óxidos con aluminio, e o ferromanganeso obtense tamén reducindo os óxidos de ferro e manganeso con carbono.

Precaucións

[editar | editar a fonte]

O manganeso é un elemento esencial, sendo necesario unha achega de entre 1 a 5mg por día, cantidade que se consegue a través dos alimentos. Pola contra o manganeso en exceso é tóxico, xa que exposicións prolongadas a compostos de manganeso, de forma inhalada ou oral, poden provocar efectos adversos no sistema nervioso, respiratorio e outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]