VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Eritrosa

⇱ Eritrosa - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eritrosa[1]
👁 Image

D-Eritrosa
👁 Image

L-Eritrosa

(2R,3R)-2,3,4-Trihydroxybutanal (D)
(2S,3S)-2,3,4-Trihidroxibutanal (L)

Identificadores
Número CAS 583-50-6(D), 533-49-3(L)
PubChem 94176(D)
ChemSpider 84990(D)
ChEBI CHEBI:27904
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Image 3
  • O=C[C@H](O)[C@H](O)CO


    OC[C@@H](O)[C@@H](O)C=O(D)


    OC[C@H](O)[C@H](O)C=O(L)

  • InChI=1S/C4H8O4/c5-1-3(7)4(8)2-6/h1,3-4,6-8H,2H2/t3-,4+/m0/s1
    Key: YTBSYETUWUMLBZ-IUYQGCFVSA-N


    InChI=1/C4H8O4/c5-1-3(7)4(8)2-6/h1,3-4,6-8H,2H2/t3-,4+/m0/s1
    Key: YTBSYETUWUMLBZ-IUYQGCFVBI

Propiedades
Fórmula molecular C4H8O4
Masa molar 120,10 g mol−1
Aspecto Xarope
Solubilidade en auga Moi soluble
Perigosidade
NFPA 704
1
1
0

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25°C e 100kPa.

A eritrosa é un monosacárido de catro carbonos cun grupo aldehido polo que é unha aldosa e unha tetrosa (aldotetrosa). Na natureza atopamos o isómero D-eritrosa [2].

A eritrosa ten dous carbonos asimétricos, o 2 e o 3, ambos os dous coa mesma configuración que o D-gliceraldehido: segundo a estrutura de Fischer, os -OH dos carbonos 2 e 3 represénentanse cara á dereita. Nome químico IUPAC segundo a convención de Cahn-Ingold-Prelog: (2R,3R)-2,3,4-Trihidroxibutanal.

A outra aldotetrosa, a treosa, é un diastereoisómero da eritrosa.

O seu derivado eritrosa-4-fosfato prodúcese na ruta da pentosa fosfato, intervén no ciclo de Calvin da fotosíntese e inicia a ruta de síntese dos aminoácidos esenciais fenilalanina e tirosina.

👁 Image
D-eritrosa e L-eritrosa. Na natureza atópase a forma D.
  1. Merck Index, 11th Edition, 3637
  2. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988).Omega. ISBN= 84-282-0738-0

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]