VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Irixoa

⇱ Irixoa - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Irixoa.
👁 Modelo:Xeografía política
Irixoa

Localización
👁 Image
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Mapa
43°17′16″N 8°02′55″O / 43.2877, -8.0487
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña 👁 Editar o valor en Wikidata
CapitalO Pazo de Irixoa 👁 Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.343 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata
(19,6 hab./km²)
Xentilicioirixoés 👁 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie68,52 km² 👁 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Alcalde 👁 Editar o valor en Wikidata
Antonio Deibe Sanmartín 👁 Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Irixoa 👁 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15313 👁 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15039 👁 Editar o valor en Wikidata

Sitio webirixoa.es 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Enciclopedia Galega Universal: 139235

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
👁 Image
Paisaxe en Irixoa.

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello, de 68,6km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.

Orografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 1.421 habitantes
Menores de 15 anos 82 (5.77%)
Entre 15 e 64 anos 809 (56.93%)
Maiores de 65 anos 530 (37.3%)
Evolución da poboación de Irixoa Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3.561 3.819 3.548 2.138 1.619 1.526 1.502 1.492 1.442
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Durante a Idade Media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.

Durante o Antigo Réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.

Economía

[editar | editar a fonte]

Infraestruturas de transporte

[editar | editar a fonte]

O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Irixoa.
  1. Decreto 81/1996, do 29 de febreiro DOG núm. 50 (11 de marzo de 1996)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Irixoa

Ambroa (San Tirso) | Churío (San Martiño) | Coruxou (San Salvador) | Irixoa (San Lourenzo) | Mántaras (Santa María) | Verís (Santa María) | A Viña (Santaia)


👁 Este artigo tan só é un bosquexo
Este artigosobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.