| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia da Coruña 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Capital | A Serra de Outes 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.998 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata (60,16 hab./km²) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 99,7 km² 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| •Alcalde 👁 Editar o valor en Wikidata | Manuel González López (2019–2025) Francisco Calo Abelleira (2025–) 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Eleccións municipais en Outes 👁 Editar o valor en Wikidata | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 15230 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 15062 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Sitio web | outes.gal 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| 👁 Enciclopedia Galega Universal: 161566 | |||||
Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2021 tiña 6.150 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O xentilicio é «outés» ou «outense».[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.
Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que roldan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.
Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón dos Azores.
Historia
[editar | editar a fonte]O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización de Galicia e a chegada dos suevos, na Idade Media a zona sufriu ataques de viquingos e piratas musulmáns. O arcebispo Diego Xelmírez equipou unha frota para combatelos.[2]
Economía
[editar | editar a fonte]Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.
O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción.
Demografía
[editar | editar a fonte]A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7% cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.
| Censo total 2014 | 6.804 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 578 (8.49%) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.974 (58.41%) |
| Maiores de 65 anos | 2.256 (33.16%) |
| Evolución da poboación de Outes Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 9.160 | 10.025 | 11.303 | 10.128 | 8.050 | 7425 | 7243 | 7.192 | 7.010 | 6804 | 6691 | 6606 | 6514 | 6412 | 6282 | 6155 | 6150 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Cultura
[editar | editar a fonte]O poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel.[3] Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de poesía Francisco Añón.[4]
A súa irmá foi Nicolasa Añón, autora duns poemas que se atoparon casualmente en 2012, polo escritor Ramón Blanco Fernández, cando presentaba na Serra de Outes un libro seu sobre Francisco Añón. En 2014, a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundando na súa historia.[5]
No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca.
O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[6] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[7]
Festas grandes das parroquias
[editar | editar a fonte]| Parroquia | Onomástica | Data |
|---|---|---|
| Tarás | San Xián | 9 de xaneiro |
| Cando | San Tirso | 28 de xaneiro |
| Roo | San Xoán | 24 de xuño |
| Outes | San Pedro | 29 de xuño |
| Matasueiro | San Lourenzo | 10 de agosto |
| Entíns | Santa María | 15 de agosto |
| Santo Ourente de Entíns | Santo Ourente | 26 de agosto |
| San Cosme de Outeiro | San Cosme | 27 de setembro |
| Valadares | San Miguel | 29 de setembro |
| Freixo de Sabardés | San Xoán Evanxelista | 27 de decembro |
Festas do concello
[editar | editar a fonte]| Nome da festa | Tipo | Data | Descipción |
|---|---|---|---|
| Santiaguiño | Festa grande do concello | 25 de xullo (Adoita comezar antes) | |
| San Cristovo | Festa municipal | Domingo mais próximo ao día do Apóstolo. | Festa con gran valor tradicional no concello. Desfile de vehículos engalanados e sardiñada popular. |
| San Campio | Romaría | 29 de setembro | Unha das romarías mais famosas da zona. A tradición conta que o santo axuda ás persoas con enfermidades nerviosas ou mentais (mal cativo) ou o demo metido no corpo. |
| Pampallín | Festa tradicional/Verbena | 30 de abril | Unha das festas que quizais sexan mais ancestrais aínda que ultimamente non se conserve debidamente a tradición. Unha festa de fertilidade para a colleita e que xira arredor do poder do lume. |
| Festa da vitalla | Irmandamento con Boticas | Primeira quincena de setembro | Cociñeiros do pobo irmandado veñen á horta do muíño a preparar carne de becerro asado. |
| Amencer Musical de Broña | Festival musical | Primeiro sabado de agosto |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.
- Siavo, O Freixo de Sabardes, Outes
- "Marea da Serra" (Forma parte do LIC Esteiro do Tambre)
- Avd do Rocío (Estrada AC-550)
- Peirao, con néboa, do O Freixo de Sabardes, Outes.
- Estaleiros no O Freixo de Sabardes, Outes.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Outes
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p.56. ISBN978-84-8158-706-7.
- ↑ Illa da Creba na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-09.
- ↑ "Certame de Poesía Francisco Añón |::Axenda cultural AELG::". axendacultural.aelg.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-10.
- ↑ Vicente Abelleira Cambeiro (2014-06-12). "Terra de Outes-Presentación do libro de poesías de Nicolasa Añón". Consultado o 2018-10-10.
- ↑ "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-10.
- ↑ "Las asociaciones parroquiales de Outes recibirán el San Cosmeiro de Ouro". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-06-30. Consultado o 2018-10-10.
- ↑ "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Outes 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
