VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Vilarmaior

⇱ Vilarmaior - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilarmaior.
👁 Modelo:Xeografía política
Vilarmaior

Localización
👁 Image
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Mapa
43°21′18″N 8°08′20″O / 43.3551, -8.1388
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña 👁 Editar o valor en Wikidata
CapitalA Armada 👁 Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.242 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata
(40,92 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie30,35 km² 👁 Editar o valor en Wikidata
Altitude156 m 👁 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Alcalde 👁 Editar o valor en Wikidata
Carlos Vázquez Quintián 👁 Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Vilarmaior 👁 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15... 👁 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15091 👁 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodevilarmaior.es 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Enciclopedia Galega Universal: 198665

Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.236 habitantes (1.277 no 2010, 1.326 no 2006, 1.343 no 2005, 1.362 no 2004, 1.350 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Vilarmaiorés.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo Total (Habitantes) 1.236 (2014)
Menores de 15 anos 100 (8.09%)
Entre 15 e 64 anos 744 (60.19%)
Maiores de 65 anos 392 (31.71%)
Evolución da poboación de Vilarmaior Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
3.062 3.124 2.830 1.929 1.362 1.294 1.273 1.261 1.247 1.236
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 30,1km², abrangue seis parroquias. Limita ao norte co concello de Irixoa a través do río Lambre e os seus afluentes Caudelo e Mondariz. Os cumios máis elevados son o Catasol (440 m), Monte Grande (374 m) e Lagarín (309 m), na parroquia de San Pedro de Grandal, no límite co concello de Monfero. Ten clima oceánico, cunha media anual de 11,8°C e unha oscilación lixeiramente superior aos 12°C.

Na zona hai diversos petróglifos. Consérvanse topónimos que fan referencia a poboados castrexos como Castro, Castrillón, Castrelo ou As Croas. Do período da romanización de Galiza consérvase unha estela funeraria atopada na parroquia de Grandal en 1938, conservada no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña.

As terras da zona foron doadas no século IX polo rei Afonso II de Oviedo ao bispo de Mondoñedo Sabarico, segundo se recolle nun documento do ano 866. En 1185 foille concedido ao mosteiro de Caaveiro o dereito das tres cuartas partes dos beneficios da igrexa de Doroña. Este templo é románico, do século XII. Durante a idade media as terras de Vilarmaior formaban parte do condado de Pruzos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilarmaior

Doroña (Santa María) | Goimil (San Cristovo) | Grandal (San Pedro) | Torres (San Xorxe) | Vilamateo (Santiago) | Vilarmaior (San Pedro)

Lugares de Vilarmaior

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilarmaior vexa: Lugares de Vilarmaior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

👁 Este artigo tan só é un bosquexo
Este artigosobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.