| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia da Coruña 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Capital | Rebordelo 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.816 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata (10,53 hab./km²) | ||||
| Xentilicio | Monferés 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 172,43 km² 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| •Alcalde 👁 Editar o valor en Wikidata | Andrés Feal Varela (2015–) 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Eleccións municipais en Monfero 👁 Editar o valor en Wikidata | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 15619/15617 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 15050 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| 👁 Enciclopedia Galega Universal: 203976 | |||||
Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».
A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.
Demografía
[editar | editar a fonte]Xeografía
[editar | editar a fonte]Monfero ten 173,28km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.
Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.
A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.
Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.
Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X. Está recoñecido como un ben de interese cultural.
Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.
Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).
Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Monfero.
- Fachada do Mosteiro de Monfero
- Cruceiro das misións en Taboada
- Igrexa de Vilachá
- Parque natural das Fragas do Eume
- Encoro do Eume entre Monfero e As Pontes.
- Panorámica do Eume
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Monfero
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Monfero 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2004). "Túmulos prehistóricos no Concello de Monfero" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (27): 11–36. ISSN1130-7625.
- Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2016). "Gravados rupestres no Concello de Monfero (A Coruña)" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (39): 11–26. ISSN1130-7625.
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2001). "As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás)" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (12): 13–15.
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2002). "As medoñas da Serra Vella e as Capelas de San Andrés da Ribeira e San Bartolomeu (Monfero)" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (13): 15–16.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| 👁 Este artigo tan só é un bosquexo |
Este artigosobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
