VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Sobrado

⇱ Sobrado - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sobrado.
👁 Modelo:Xeografía política
Sobrado

Localización
👁 Image
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Mapa
43°02′31″N 8°01′39″O / 43.041944444444, -8.0275
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña 👁 Editar o valor en Wikidata
CapitalSobrado 👁 Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.830 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata
(15,17 hab./km²)
Xentiliciosobradés 👁 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie120,64 km² 👁 Editar o valor en Wikidata
Altitude510 m 👁 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Alcalde 👁 Editar o valor en Wikidata
Jacobo Fernández García 👁 Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Sobrado 👁 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15813 👁 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15080 👁 Editar o valor en Wikidata

Sitio websobrado.es 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Facebook: ConcelloSobrado
👁 Twitter: concsobrado
👁 Enciclopedia Galega Universal: 187083
👁 BNE: XX450699
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Image
Mapa de Sobrado coas súas parroquias.
👁 Image
Sobrado no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849).

Sobrado[1] ou Sobrado dos Monxes[2] é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ó sur cos concellos de Melide e Toques, ó leste con Friol e Guitiriz (provincia de Lugo), ó norte con Curtis e ó oeste con Boimorto e Vilasantar. Pertence á comarca da Terra de Melide ó partido xudicial de Betanzos e á diocese de Santiago de Santiago de Compostela. As dez parroquias do concello distribúense nun territorio de 120,6km².

O termo municipal localízase nunha área montañosa pertencente á Dorsal Galega. Atópase en Sobrado o monte Campelo, da serra da Cova da Serpe, que con 811 m de altitude é o máis alto da provincia.

Sobrado ten un réxime térmico e pluviométrico característico do clima oceánico hiperhúmido, cunha temperatura media anual de 8,4°C, sufrindo importantes variacións, con máximas en xullo de 22°C e mínimas en decembro de 2,3°C. É moi importante a cantidade de precipitacións anuais nesta comarca, cunha media superior ós 1.200mm. A rede fluvial caracterízase por cursos pequenos e de pouco caudal.

En Sobrado nacen o Mandeo, que desemboca na ría de Betanzos, e o Tambre, que forma a ría de Muros e Noia.

O seu clima é oceánico húmido e fresco, con importantes precipitacións.

Patrimonio histórico e artístico

[editar | editar a fonte]

Da era castrexa consérvanse varios castros[4]:

  • Castro do Cruceiro (Carelle)
  • Roda da Froxa (Carelle)
  • As Castronelas (Carelle)
  • Castro de Revillón (Carelle)
  • Castro de Roda de Socastro (Cumbraos)
  • Castro de Cumbraos (Cumbraos)
  • Castro de Grixalva (Grixalva)
  • Castro de Vilanova (A Porta)
  • Castro de Seixo (Codesoso)
  • Castro das Lagoas (Roade)

Na parroquia da Ciadella atópase o importante campamento romano da Ciadella, o máis importante dos escavados en Galicia (xunto con Aquis Querquennis en Bande). Nel apareceron gran cantidade de tégulas, lápidas, moedas e outras pezas romanas. Probablemente estaría á beira da vía romana entre Brigantium e Lugo. Estivo activo entre os séculos II e IV.

Unha pressura romana deu orixe ao condado de Présaras, que comprendía ademais do concello de Sobrado as terras dos concellos actuais de Vilasantar e Curtis e estendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, igrexas e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos condes de Présaras, Hermenexildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Sobrado dos Monxes e nel foi frade logo de quedar viúvo da súa esposa Paterna Gundesíndez. Desta forma, todos os bens do condado pasaron a formar parte das que foron as posesións do cenobio. Refundado no ano 1142, fábrica da que se conservan a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas. No século XVI foi cando se comezou a levantar a igrexa e o mosteiro actuais.

No lugar de Santiago do Campo hai vestixios dunha igrexa prerrománica.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación de Sobrado variou, coma moitos concellos do interior de Galicia, pola emigración do agro ás cidades. Así dende os anos 1950 diminuíu a poboación ata uns estables dous mil habitantes que mantén. Sobrado é un concello da Galicia rural. A súa economía está moi ligada á explotación da terra, a gandería e a explotación forestal. O concello matén unha importante fonte de ingresos no turismo e a hostalería ao ser un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Sobrado na cultura popular

[editar | editar a fonte]
  • Home de Melide, muller de Sobrado e vaca de Furelos, que os leven os demos.[5]

Aparece tamén Sobrado na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrado.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sobrado

Carelle (San Lourenzo) | A Ciadella (Santa María) | Codesoso (San Miguel) | Cumbraos (San Xiao) | Folgoso (Santa Cristina) | Grixalba (San Xiao) | Nogueira (San Xurxo) | A Porta (San Pedro) | Pousada (San Mamede) | Roade (Santo André)

Lugares de Sobrado

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sobrado vexa: Lugares de Sobrado.

  1. "Busca directa - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2025-07-31.
  2. Turgalicia/Axencia Galega de Turismo (2021-09-22). "Santa María de Sobrado dos Monxes". Turgalicia. Consultado o 2025-07-31.
  3. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p.59. ISBN978-84-8158-706-7.
  4. PXUM Sobrado
  5. "Lugar de referencia: Sobrado". Portal de ditados tópicos galegos.
  6. Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]